top of page
VAIXELA

Este proxecto xurdiu en colaboración con Sargadelos, a emblemática firma de porcelana galega, en busca de novos conceptos de vaixela. Este xogo de café foi ideado de tal maneira que cada elemento esta inclinado nunha dirección, creando así sensación de dinamismo pero sen perder a funcionalidade que caracteriza á marca. Deseñáronse tamén diferentes propostas de deseño gráfico, algunhas en cor azul Sargadelos e outras en tonalidades novas xogando con novos materiais.
bottom of page




