
MK DESIGN
Make design é un estudo de deseño industrial e desenvolvemento de produto especializado en interiorismo e deseño de vaixela. O logo parte da filosofía do equipo, e a partir de aí xurdiu o deseño da páxina web, carteis publicitarios e demais exemplos de propaganda e identidade corporativa da empresa.

TAOAT
Taoat é unha empresa de enxeñaría en deseño industrial especializada en packaging de produtos. Tanto o deseño do logo como o resto de elementos que conforman a súa identidade corporativa están feitos en base ás características da empresa e a súa filosofía; seguindo liñas firmes e básicas e creando seguridade e confianza no cliente.

CALZADO
Este proxecto realizouse en colaboración con Losal, empresa galega de calzado feito a man mediante procesos artesanais de fabricación. Antes de conseguir o resultado final, o concepto pasou por fases de bocetado, dimensión, planimetría, modelado e renderizado.
En realidade o proxecto baseábase no deseño dunha gama de cinco zapatos diferentes, escollendo na última fase uno deles como proposta final.

VAIXELA
Este proxecto xurdiu en colaboración con Sargadelos, a emblemática firma de porcelana galega, en busca de novos conceptos de vaixela. Este xogo de café foi ideado de tal maneira que cada elemento esta inclinado nunha dirección, creando así sensación de dinamismo pero sen perder a funcionalidade que caracteriza á marca.

MOBILIARIO
Esta mesilla é froito dun proxecto en colaboración con Finsa, empresa madeireira para a cal se deseñaron diferentes conceptos de mobiliario para o fogar dos cales un deles modelouse e renderizouse en dúas versións, unha máis funcional e outra á que chamábamos “ideal“, que reflectía o que realmente se tiña en mente antes de que o concepto levase a cabo dun modo máis realista.